SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.
| Amegrove sigue intratable e suma o seu séptimo triunfo |
| Luns, 18 Xullo 2011 | |
|
Non hai quen poida discutir a superioridade de Amegrove. Os de Porto Meloxo volveron a sumar dúas novas victorias pese ás condicións que se deron nas regatas desta fin de semana: o sábado en Combarro remouse nunha regata a seis longos e onte en Vigo en contrarreloxo polas malas condicións do campo de regatas nos carreiros 1 e 4. Nin con esas puideron cos de José Ángel Cambados, que superou a Chapela os dous días por 10 e 14 segundos, respectivamente. Os de Fran González siguen sen poder achegarse a Amegrove pero cumpren coa súa obriga de ser segundos tódolos días. Máis aberta continúa a loita pola terceira praza que agora mesmo ocupa Cabo con tres puntos de vantaxe sobre Meira e Vilaxoán. Os de Boiro foron terceiros o sábado superando con claridade a Meira, mentres que Vilaxoán tan só puido ser quinta ó saír na terceira quenda con Mecos, A Cabana e Coruxo. Mellor lle foron as cousas ós de Gelo Tarrío onte en Vigo, onde foron terceiros por diante de Cabo de Cruz. Fin de semana para esquencer de Mecos que cae á séptima praza da xeral logo de finalizar oitava en Poio e onte ser descalificada por non pasar nunha virada polo arco da ponte de Toralla que lle indicara a organización. Con todo, a mala fin de semana da Cabana sitúalles a tan só tres puntos dos ferroláns. Por abaixo, Rianxo e Puebla sumaron os mesmos puntos esta fin de semana e manteñen a súa loita polo undécimo posto. Esteirana é penúltima con catro puntos de marxe sobre a pechacancelas Mugardos, que nestas dúas regatas foi quen de recurtarlle a distancia, aínda que minimamente. Redacción Salnés |


SALNÉS>
BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

