Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Comarca Pontevedra arrow Éxito rotundo na V edición da Festa do Viño Tinto Rías Baixas
 
 
Éxito rotundo na V edición da Festa do Viño Tinto Rías Baixas
Martes, 26 Xullo 2011

festa_tinto_nevescopy.jpgAS NEVES> Na inauguración estivo o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas quen destacou a importancia desta festa.

Cinco anos leva xa o concello das Neves acollendo a súa festa dedicada ó tinto Rías Baixas. Unhas variedades con amplas posibilidades, pero ata hai pouco sinatura pendente desta DO, centrada na elaboración de viños brancos. A apertura da festa correu a cargo do presidente da Asociación Galega de Sumilleres, David Barco, que exaltou as calidades destes caldos.

Na inauguración tamén estivo presente o presidente do Consello Regulador da Denominación. Xosé Ramón Meiriño destacou a importancia desta festa, animando ás adegas que apostan polas variedades tintas.

A quinta edición desta festa prolongouse durante toda a fin de semana, nunha praza do concello na que se pudieron atopar tintos elaborados a base de caíño tinto, espadeiro, loureira tinta ou sousón das diferentes adegas participantes. Un escaparate perfecto para as que fixeron a súa aposta por estas variedades.

Estas características destes viños foron as que puideron comprobar os milleiros de persoas que durante a fin de semana pasaron pola quinta edición desta festa, que busca coa súa consolidación chamar a atención sobre a calidade que tamén teñen os tintos Rías Baixas.

Vino Autor Meaño

Outra das citas vinícolas ineludibles do verán é o Encontro do Viño de Autor de Meaño.Tivo lugar tamén esta fin de semana. Distribuidores, restauradores e moitos cidadáns visitaron durante esta ponte de Santiago as casetas dos colleiteiros que integran a Asociación de Adegas Artesanas.

A organización cifra en milleiros os visitantes que se deron cita nesta edición, que contou como é habitual con catas para seleccionar ás mellores elaboracións e degustacións de manxares típicos.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?