| O bo tempo anima ós fieis a participar nos actos relixiosos do Domingo de Ramos |
|
|
| Luns, 10 Abril 2006 | |
|
COMARCAS > As celebracións do Domingo de Ramos marcaron o comezo da Semana Santa na comarca. Os ramos e as palmas protagonizaron a xornada, na que o bo tempo animaba a saír á rúa. Nenos e adultos participaron nas distintas procesións celebradas en toda a comarca, unha vez bendecidos tódolos ramos. A escaseza de chuvia durante a xornada do domingo 9 de abril motivou que non houbese excusa para comezar a participar nos actos que se abren a partir de agora, de cara ás múltiples celebracións relixiosas de Semana Santa. A tradicional bendición dos ramos dá comezo cada ano á celebración da Semana Santa na maior parte das localidades, anque nalgunhas delas os actos xa comezan na semana previa. A bendición é un dos momentos máis agardados de toda a celebración do domingo de Ramos e un dos momentos que conta con maior interese por parte dos fieis. Redacción Salnés |




