SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.
| A actuación arbitral evita a victoria do Poio ante As Burgas |
| Xoves, 08 Setembro 2011 | |
|
Gran debut do Poio diante da súa afección. En partido correspondente á primeira xornada de grupos de Copa Galicia, as de Manu Cossío acadaron un meritorio empate ante un equipo de División de Honra como o Cidade das Burgas. Un encontro que serviu para ver debutar a tres das fichaxes, Dani, Catia e Lara, que causaron unha grata impresión. O primeiro tempo resultou igualado. As locais decidiron agardar en campo propio, ben pechadas atrás para tentar saír á contra. O marcador non se moveu antes do descanso. A reanudación trouxo máis do mesmo se ben o Poio aproveitou mellor as súas saídas ó contraataque para poñerse en vantaxe grazas a un tanto de Catia. Pouco despois, nunha xogada de estratexia chegaba o segundo, obra de Peke. Mentres as ourensáns topábanse unha e outra vez coa defensa férrea defensa local e cunha inspirada Dani, baixo paus. Con 2-0 entrouse nos derradeiros catro minutos de partido no que os colexiados, cunha serie de decisións máis que controvertidas, favoreceron o xogo das visitantes, que por mediación de Lucía e Nerea, empataron o partido. Con todo, as locais aínda tiveron opcións de levarse o choque nunha última xogada a segundos para o final na que o coiro acabou petando no pau. O cadro vermellón ten agora a vista posta nos seus seguintes amigables. A partir do día 17 disputan o I Torneo Internacional de Viana do Castelo, onde se enfrontarán entre outros equipos ó Vermoin, campión portugués. Redacción Salnés |


PONTEVEDRA>
BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

