Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Os Pósitos de Carril e Vilaxoán recibirán axudas para paliar a mortalidade do marisco
 
 
Os Pósitos de Carril e Vilaxoán recibirán axudas para paliar a mortalidade do marisco Imprimir Correo electrónico
Luns, 17 Abril 2006

Vilagarcía > O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou os Pósitos de Carril e Vilaxoán, onde comprometeu axudas do ente provincial por valor de millón e medio de euros, para paliar a mortalidade de marisco tralas riadas.  

louzanparquescultivocarril_300_170406.jpgO Presidente provincial visitou as zonas afectadas en Carril acompañado polo patrón maior da Confraría, o presidente da Agrupación de Parquistas e os biólogos do Pósito. Foron os propios representantes os que solicitaron a presencia de Louzán nos parques de cultivo para que coñecera de primeira man as consecuencias da brusca caída na salinidade das augas. Louzán manifestou, trala visita, a súa desagradable sorpresa ante a situación actual dos bivalvos, e tamén falou con varios propietarios que retiraban marisco morto das súas concesións.

Trala visita, Louzán mantivo un encontro de traballo co patrón maior e o Cabildo da Confraría “Virxe do Rosario” de Vilaxoán. Este pósito arousán viuse tamén claramente prexudicado pola mortalidade da ameixa e o berberecho provocado tamén polo brusco descenso da salinidade. Dende a Deputación provincial, destinaranse este ano ó sector do mar das Rías Baixas axudas que roldarán o millón e medio de euros, cunha clara aposta pola rexeneración dos bancos e con iniciativas dirixidas tanto a mariscadores como a parquistas.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg