


BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
| O Sanxenxo sucumbe ante un Vilalonga que foi superior |
| Luns, 26 Setembro 2011 | |
|
O Vilalonga partía como favorito e non errou. Levouse o triunfo con claridade logo de impoñer o seu xogo combinativo durante os 90 minutos. Ante a atenta mirada de máis de medio millar de afeccionados, entre eles o adestrador Victor Fernández, os de Gabi Leis comezaron dominando e avisaron nos primeiros compases a través de Saúl e Machu, cun testarazo que non colleu portería. Si o faría este de Pablo, tras unha falta botada por Jesu. Ían 23 minutos e o central poñía o 0-1 tras aproveitarse dun erro na saída de Vladi. O dominio visitante proseguíu ata o descanso, mentres que o Sanxenxo practicamente non inquietaba a Pazos. O único achegamento reseñable dos locais, producíuse sobre o 45', cun centro de Nel no que se estorbaron para rematar Cuchi e José Ángel. Xa no segundo tempo, a saída de Victor Uhía deulle outro aire ós de Calucho. De feito foi Victor o que tivo a mellor opción do Sanxenxo, con este cabezazo que foise a rentes do pau. A sentencia chegaría mediado o segundo tempo. Nun balón en longo no que o máis listo para cazalo é Saúl. O dianteiro celeste non se puxo nervioso para resolver ante Vladi cunha excelente vaselina. Ahí chegaron os últimos arreóns do Sanxenxo que a través de José Ángel primeiro e logo de Cuchi, puideron recurtar diferencias no marcador. Pero as dúas veces Pazos estivo acertado para desviar ambos lanzamentos. No treito final, o Vilalonga puido aumentar as diferencias con varias ocasións nas pero o marcador xa non se movería. Os celestes continúan coa súa recuperación e son xa novenos na táboa antes de recibir a vindeira semana ó Somozas, mentres que o Sanxenxo é último con dous puntos de quince posibles á espera de visitar o próximo domingo o campo de As Pontes. Redacción Salnés |


BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.
RIBADUMIA> O concello de Ribadumia presentou esta fin de semana a segunda edición da Ruta BTTinto. O evento celebrarase o vindeiro 2 de xuño e a falta de quince días para que se peche o prazo de inscripción, xa conta con 400 participantes. Ó acto de presentación acudíu o ex ciclista Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia en 2006, que exerceu de padriño.

