|
POBRA> O accidente, no que só se viu implicado un ciclomotor, produciuse ó redor das doce do mediodía, no lugar da Crocha, na Pobra do Caramiñal.
Segundo fontes da Policía Local no sinistro víronse implicados os dous ocupantes da motocicleta, que golpearon, por causas polo de agora descoñecidas, contra un muro. O condutor foi o máis prexudicado, sendo trasladado en helicóptero ó clínico de Santiago en estado grave.
Nas imaxes mostrámoslles o momento no que os equipos de emerxencias trasladaban ó helicóptero ó mozo pobrés B.S.G. de dezaoito anos que este mediodía resultaba ferido de gravidade, despois de empotrarse frontalmente co seu ciclomotor contra un muro, no cruce de Petón do Sixto e Crocha. O outro ocupante do ciclomotor, outro mozo da localidade, de dezasete anos, resultaba ileso.
Segundo fontes da propia policía local pobresa polo de agora descoñecense as posibles causas do accidente. O feito ademais de que non levaran casco de protección agravou aínda máis as lesións que se produciron na súa maioría na cabeza. Ante a gravidade do sucesos foi necesaria a presenza do médico do centro de saúde, e dunha uvi medicalizada do 061, que atenderon á vítima en primeira instancia.
Posteriormente, unha vez avisado o helicóptero, trasladouse ó ferido ata a zona portuaria, de onde foi evacuado ó Hospital Clínico de Santiago, onde permanece arestora en observacións con pronóstico reservado.
Ademais destes equipos de emerxencia, ata o lugar do suceso desprazáronse tamén efectivos da Policía Local e de Protección Civil da Pobra, así como tamén o GRUMIR de Boiro.
Redacción Barbanza
|