Advertisement
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow Imputan a unha familia por un presunto delito de branqueo
 
 
Imputan a unha familia por un presunto delito de branqueo
Martes, 18 Outubro 2011

xuizo_branqueocopy.jpgPONTEVEDRA> Esta mañá arrancou o xuízo que se prolongará ata o venres. O fiscal pide, entre outras cousas, prisión para os sete imputados.

Esta mañá arrancou o xuízo na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra contra unha familia por un suposto branqueo de capitais procedentes do narcotráfico. O principal acusado, veciño de Vilanova, Carlos Rodríguez. O fiscal pide para el oito anos de cárcere e unha multa dun millón e medio de euros.

Ás dez da mañá comezou a primeira das catro sesións deste xuízo. O principal acusado, Carlos Rodríguez, foi o segundo en testificar. Primeiro o fixo a súa muller. Esta asegurou que o patrimonio do que dispón, varios inmobles, turismos de alta gama e varias fincas, o adquiriu cos aforros que tiña e coas ganancias procedentes da explotación dun viveiro en Carril.

Carlos Rodríguez empregou os mesmos argumentos que a súa muller para xustificala adquisión dos seus bens. Na causa tamén están imputados os seus pais, a avoa e unha irmá.

Este asegurou, ademais, que a única relación que tivo coas drogas foi no 2003 polo que xa foi condenado a seis anos cárcere.

Despois desta primeira sesión, cuxa instrución se iniciou no 2006, o xuízo continuará ó longo de toda a semana. O fiscal pide prisión para tódolos imputados sendo Carlos Rodríguez para o que pide a maior pena: seis anos de prisión por un delito de branqueo de capitais, outros dous por un delito de falsidade en documento oficial e unha multa dun millón e medio de euros.

Redacción Salnés

 


canalriasbaixas_tv.jpg
Quen é o culpable do problema das "Preferentes"
 
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif

¿ Como sintonizarnos en TDT ?