SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.
| Ó Sanxenxo só lle vale gañar en Betanzos |
| Venres, 11 Novembro 2011 | |
|
O Vilalonga afronta o último partido da primeira volta ante un gran rival. Despois do Cerceda, ós de Gabi Leis quedaranlle escollos máis salvables ata a xornada 19. O obxectivo é manterse na zona morna da táboa e para iso deberían rascar algo ante un rival de sobrada calidade pero que despois dun inicio arrollador, nas últimas semanas estase a amosar moito máis irregular. Os celetes recuperan para a cita a Miguel Vázquez, mentres que Nelo e Machu son dúbida. Nando perde no Cerceda a Marcos Caridad. Importante partido para o Sanxenxo, sobre todo no aspecto psicolóxico, porque este domingo enfróntase ó equipo que lle precede na clasificación, un Betanzos que conta cun punto máis que os amarelos. Calucho sabe da importancia do encontro e concienciou ós seus esta semana para tratar de sumar a segunda victoria do ano. A melloría debe reflectirse sobre todo na parcela defensiva, xa que o Sanxenxo pasa por ser arestora o equipo que máis goles encaixa da Terceira. Tampouco é que o Betanzos chegue mellor á cita, xa que leva oito xornadas sen gañar. O problema para Calucho serán as baixas. Por unha banda a dúbida de Vladimir na portería, por un problema muscular. Todo fai indicar que Velay será da partida. Mentres, ás baixas de Deivi e Cidrás por lesión, uníuse esta semana a de Fernando Aguín, que cunha rotura no escafoides non voltará a xogar ata xaneiro. Redacción Salnés |


SALNÉS>
BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

