SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.
| Dura derrota para un Junquera que mereceu máis |
| Venres, 09 Decembro 2011 | |
|
Ás veces o futbol sala pode ser un dos deportes máis inxustos, se por inxustiza entendemos, claro, que o que atacou máis, o que xogou mellor e tivo máis ocasións de gol acabou perdendo e ademais goleado. Son as cousas deste deporte no que a figura do porteiro, o acerto dos atacantes e o non cometer erros, son decisivos. Así levouse onte a victoria de Fontecarmoa o Universidade de Valladolid. O seu porteiro saíuse, viron portería con facilidade e aproveitáronse das perdas de balón dun Junquera ó que nunca lle faltou empuxe e gañas. O encontro púxose de costas xa dende o inicio cun tanto visitante nos primeiros minutos. A vantaxe faríase maior antes do descanso, cando con dous goles á contra o cadro pucelano ampliaba a diferencia ata o 0-3. O gol de Pablo Tojo deu azos ós locais que durante todo o segundo tempo tratou de remontar pero sen acerto nos metros finais. Xa con porteiro-xogador chegarían os outros dous tantos do Universidade de Valladolid nos derradeiros segundos. O Junquera mantense na parte baixa da clasificación pero fóra dos postos de descenso. A semana que ven visita complicada á cancha do líder O Parrulo. Redacción Salnés |


BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

