Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O desánimo calla entre os traballadores do Salnés
 
 
O desánimo calla entre os traballadores do Salnés
Luns, 20 Febreiro 2012

MANIFESTACIONREFORMALABORAL.jpg VILAGARCÍA> Máis de mil cincocentas persoas, por riba das dúas mil segundos os sindicatos, tomaron onte as rúas da cidade para protestar contra a reforma laboral.

Se algo se palpaba onte no ambiente era o desánimo dos asistentes. Tan só nas primeiras ringleiras, os delegados sindicais animaban ós manifestantes a berrar contra unhas medidas que, segundo eles, colocan á clase obreira nunha posición de escravitude, e que non conseguirán máis que minar as condicións laborais existentes e promover o desemprego.

UXT e Comisións Obreiras foron os responsables de convocar esta mobilización na que se lembrou que o Salnés é a segunda comarca da provincia de Pontevedra máis castigada polo paro, e iso deixouse notar na alta asistencia á protesta. E é que entre a multitude, á marxe de delegados sindicais, atopábase un elevado número de traballadores anónimos que se foron sumando á marcha para expresar o seu descontento coa reforma.

A marcha, que saíu ó medio día da Casa do Mar, concluíu na praza de Ravella, onde os sindicatos fixeron un chamamento ós asistentes a secundar o vindeiro día 29.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?