|
Demandan a mellora do río ó paso pola Aldea da Raña |
|
Luns, 12 Marzo 2012 |
|
POBRA> O BNG, atendendo unha demanda dos veciños da Aldea da Raña, vén de esixir o acondicionamento do tramo do río Lérez que discorre polo lugar.
Respondendo a unha demanda dos propios residentes, o BNG da Pobra do Caramiñal solicitoulle ó equipo de goberno a limpeza do río Lérez que discorre pola zona.
A simple vista o estado da canle do río presenta un estado de abandono considerable, debido á acumulación de lixo e vexetación.
Dende o BNG culpan desta situación ó executivo local, que a pesar de ter coñecemento do problema polos propios veciños da zona, mira para outro lado, sen facer nada por remedialo.
Redacción Barbanza
|