Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Pesca non concede axudas ó sector do mexillón
 
 
Pesca non concede axudas ó sector do mexillón Imprimir Correo electrónico
Luns, 01 Maio 2006

SALNÉS > Ademais de insuficientes, non foron cobradas. O PP refírese ás axudas ós afectados pola marea vermella. Nunha comparecencia parlamentaria o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca admitiu que os expedientes presentados para cobrar esas subvencións estaban incompletos e polo tanto non se concederon.

A Consellería de Pesca recoñece que non concedeu axudas ós afectados pola paralización derivada das biotoxinas mariñas. Así o asegura o Grupo Parlamentario do PP tras escoitar a comparecencia do director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, Manuel Cabirta. A causa parece ser a complexidade da orde a través da que se tramitaron estas axudas.

Segundo recoñeceu Manuel Cabirta no Parlamento, tódolos expedientes presentados estaban incompletos por incumprir algunha das condicións recollidas na convocatoria do DOG do pasado 9 de xaneiro. Esta liña de axudas, dotada inicialmente cunha partida de 800 mil euros quedou polo tanto sen efecto, como denuncia o PP. O voceiro do Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, atribúe esta situación á falta de sensibilidade dos responsables de Pesca para afrontar os diferentes problemas ós que debe facer fronte o sector.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg