Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Louzán presenta en Uruguai a Bienal de Arte de Pontevedra
 
 
Louzán presenta en Uruguai a Bienal de Arte de Pontevedra Imprimir Correo electrónico
Mércores, 03 Maio 2006

URUGUAI > A Bienal de Pontevedra deste ano exhibirá entre outras, obras confeccionadas ex professo por artistas de Uruguai, Arxentina e Chile. O presidente da Deputación Rafael Louzán presentou onte pola tarde en Montevideo esta cita cultural. Fíxoo durante a visita que está a realizar a Uruguai xunto co presidente do PP de G, Alberto Núñez Feijóo.

louzanministroculturauruguai_1_300_030506.jpgO Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, de visita en Montevideo, entrevistouse co ministro de Cultura de Uruguai, Jorge Broveto, coa intención de establecer lazos culturais permanentes. Un dos principais asuntos tratados foi a Bienal de Arte que se presentou na sede do ministerio de Asuntos Exteriores e que incluirá obras de artistas uruguaios, arxentinos e chilenos, entre outros. Será a primeira vez que a Bienal dedica unha edición á emigración.

A celebración da exposición da Bienal en Montevideo, un concurso para artistas plásticos noveis, intercambios culturais baseados en simposios, conferencias, cursos de verán e edicións de libros foron outros asuntos abordados por Broveto e Louzán, quen convidou ó ministro uruguaio a participar na Bienal de Pontevedra.

A comitiva popular visitou en Montevideo o Fogar Español de anciáns. Ademais, reuníuse coas directivas do Partido Popular de Uruguai, do Consello de Residentes Españois, da Unión de Sociedades Galegas e do Centro Galego. Os populares galegos foron recibidos tamén polo presidente en funcións da república de Uruguai.

 O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, sinalou a preocupación que recolleu de decenas de inmigrantes galegos radicados en Uruguai pola rebaixa nas pensións dispostas polo Goberno español. Núñez Feijoo visitou en Montevideo o Fogar Español de anciáns, no que residen 190 emigrantes españois, a gran maioría deles galegos.

nuezfeijoouruguai_300_030506.jpgNúñez Feijóo foi recibido tamén nunha entrevista de saúdo e cortesía polo vicepresidente uruguaio en exercicio da presidencia, Rodolfo Nin Novoa. Tralo encontro, o presidente dos populares galegos referiuse ó conflicto da implantación de Ence e Celulosas que manteñen Arxentina e Uruguai augurando unha pronta resolución.

O presidente do PP galego visitou, ademais, o hospital clínico Española de Socorros Mutuos, a maior do país uruguaio. Tamén acudiu á mutualista Casa de Galicia, onde analizou a crise que sofre a institución desde fai tempo. Feijóo chegou a Uruguai desde Estados Unidos, onde asistiu á fundación do PP nese país, e a partir de agora inicia unha estadía de dous días en Arxentina antes de regresar a España.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg