Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Inspectores de toda España participan nun curso de seguridade marítima
 
 
Inspectores de toda España participan nun curso de seguridade marítima Imprimir Correo electrónico
Mércores, 03 Maio 2006

RIBEIRA > Un grupo de inspectores de Traballo de toda España participa estes días en Ribeira nun curso de formación en seguridade marítima. Os asistentes, acompañados dos representantes do Instituto Social da Mariña e o patrón maior ribeirés, foron recibidos esta mañá no salón de plenos do concello polo alcalde, Xosé Luís Torres Colomer.

O rexedor local brindou ós participantes neste curso unha recepción institucional para darlle-la benvida ó municipio, destacando a importancia da prevención e a seguridade marítima para evitar accidentes. Neste sentido, Torres explicou que Ribeira é un pobo de mar que depende maioritariamente da súa actividade; de aí, a importancia de realizar accións formativas deste tipo no municipio.                         inspectores_300_030506.gif

As actividades que están a  realizar os participantes neste curso consisten fundamentalmente en avaliar as condicións de habitabilidade e de navegabilidade dos barcos, comprobar os medios de salvamento existentes e comprobar ademais a legalidade en materia de contratación e seguridade social.

Este curso, que se compón de 30 horas formativas, complementarase con dúas sesións teóricas que se levarán a cabo no Centro Nacional de Formación de Bamio. 

A xefa de Seguridade Laboral de Inspeción do Traballo en Vigo, María Luisa García Gutiérrez, destacou a necesidade de especialización para garanti-la seguridade no sector marítimo pesqueiro. Así mesmo, referiuse á escaseza de inspectores marítimos en Galicia, especialmente no sur da comunidade polo que veñen reclamando ó Ministerio de Traballo un aumento do cadro de persoal.

Redacción Barbanza
 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg