Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow A maioría dos romaneses detidos en Sanxenxo eran menores de idade
 
 
A maioría dos romaneses detidos en Sanxenxo eran menores de idade Imprimir Correo electrónico
Mércores, 03 Maio 2006

SANXENXO > 12 persoas detidas e a recuperación dunha importante cantidade de material roubado; é o balance provisional da operación efectuada pola Garda Civil e que afectou, entre outras vilas, a Sanxenxo. Ós detidos, menores de idade na súa maioría, impútaselles máis de 50 alunizaxes en establecimentos comerciais de Galicia, Asturias e León.

redadasanxenxo8_200_020506.jpgTal como lles amosamos en primicia, a Gardia Civil detivo a varias persoas en Sanxenxo dentro da operación ‘Nitro II’ que permitiu a desarticulación dun grupo de delincuencia organizada dirixida por cidadáns romaneses ós que se lles imputa a comisión dun importante número de roubos cometidos en establecementos comerciais de Galicia, Asturias e a provincia de León.

As investigacións comezaron en marzo tralo análise da documentación intervida na primeira fase da operación NITRO, desenvolvida en Alacante, onde a Garda Civil detivo a 24 persoas. Segundo a subdelegación do goberno en Pontevedra, debido á presión policial decidiron cambia-la base de operacións, asentándose nesta provincia, dende onde dirixían tódalas accións delictivas. En Sanxenxo foron detidos sete romaneses, tres deles menores, e en Vigo cinco españois como supostos receptores dos artigos roubados.

Ademais fixéronse seis rexistros domiciliarios: un en Sanxenxo e o resto en domicilios e locais comerciais de Vigo, onde se incautaron ferramentas usadas para comete-los roubos e documentación falsificada, ademais de teléfonos móbiles, perfumes, equipos de audio e video, ordenadores portátiles, roupa, dous vehículos sustraídos que usaban para a comisión dos roubos e 7.000 euros en efectivo.

O grupo traballaba de noite rompendo os escaparates con tapas de alcantarela e outros elementos contundentes e escapando despois en coches de gran cilindrada. Posteriormente vendían gran parte do sustraído ós españois e o resto enviábano a Romania. Segundo a subdelegación, con esta segunda fase da operación NITRO, dase por desarticulada en Pontevedra, esta célula delictiva, á que se lle imputa a comisión de, polo menos, 50 roubos en diversas localidades, entre elas Pontevedra, O Grove, Portonovo, Cambados, Pontecesures e A Pobra.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg