Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Comarca Pontevedra arrow A cuarta Mesa do Viño da DO Rías Baixas conclúe sen acordo
 
 
A cuarta Mesa do Viño da DO Rías Baixas conclúe sen acordo
Xoves, 03 Maio 2012

PONTEVEDRA> A cuarta reunión da Mesa do Viño da Denominación de Orixe Rías Baixas ven de pechar sen chegar a acordo sobre a posta en marcha...

 ... dun contrato homologado para os próximos tres anos. Por unha banda, o xefe territorial do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, Gerardo Zugasti, asegura que a administración autonómica facilitou en todo momento o entendemento entre os productores, as cooperativas e adegas e os sindicatos agrarios.

Nestas negociacións, as partes implicados acordaron ligar os prezos da uva ó volume de producción da colleita, non só en canto á calidade da mesma senón tamén no referente ó volume de producción. Deste xeito, o prezo estipularíase segundo unha táboa na que cantos máis millóns de uva se producisen menor sería o prezo medio de venda por quilo. Pola súa parte Unións Agrarias asegura que o principal atranco foi o prezo da uva. Existe unha diferencia de cinco céntimos por quilo de uva entre a postura deste sindicato e a das adegas; posto que entenden que non se pode chegar ó punto de producir por debaixo dos custes, e mais, se é un contrato, como é o caso, que hipoteca a economía dos viticultores ó longo dos tres vindeiros anos.

Lamentan que non se chegou a entendemento por falla de vontade para o mesmo, tanto por parte das adegas como da Xunta de Galicia; que aínda non cumpriu cos pagos desde o ano pasado. Unhas axudas de en torno ó 5% que serían aplicables polas adegas en conceptos como o de exportación, que fan máis apetecibles para elas a sinatura deste contrato homologado.

Sen este acicate económico, as cousas tornan máis difíciles, e de seguiren así, este ano traballaríase na DO sen estes contratos homologados; quedando unicamente a posibilidade de asinar contratos privados que non dotarían da mesma estabilidade ó sector.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?