Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow CULTURA arrow Placebo encabeza o cartel da V edición do Festival do Norte
 
 
Placebo encabeza o cartel da V edición do Festival do Norte Imprimir Correo electrónico
Xoves, 04 Maio 2006

VILAGARCÍA > Placebo, Nacho Vegas ou Eccho and The Bunnymen son só algúns dos artistas que participarán este ano na quinta edición do Festival do Norte. O venres 26 de maio e mailo sábado 27 terán lugar os concertos ós que, a diferencia do que aconteceu na edición pasada, se agarda que a chuvia non desluza.

placebo_300_040506.jpgUn total de 14 grupos e artistas de primeira liña do actual panorama musical internacional se darán cita durante o Festival do Norte de Vilagarcía que, na súa quinta edición, se celebrará os días 26 e 27 de maio. O cartel promete xa que, nesta ocasión, da o salto internacional con grupos da talla de Placebo ou de Eccho and The Bunnymen. O asturiano Nacho Vegas é outro dos principais atractivos do festival que este ano conta, entre as de outras entidades, coa colaboración da Consellería de Cultura.

‘Producciones independientes’ foron os encargados de elaborar un cartel no que o tema da contratación dos grupos foi un tanto complicado pola categoría das bandas que o compoñen. As actuacións estarán divididas en dous escenarios: o de Caixanova na praza da peixería e mailo Xacobeo en Fexdega. Na peixería actuarán The unfinished Sympathy, Meu e 6PM o venres e Second, X wife e Manuel Seixas Neuroband o sábado. No escenario Xacobeo terán lugar os concertos de Echo and The bunnymen, The divine comedy, Cycle e Nacho Vegas o venres e Placebo, Radio 4, Athom Rumba e Tokyo Sex Destruction o sábado.

As entradas poderanse mercar dende mañá nas principais tendas de música de Galicia, a través de tick tack ticket ou da web de caixanova. O prezo da entrada (que inclúe dereito de acampada) será de 30 euros por día se a compra é anticipada ou de 40 se é en taquilla. O mesmo sucede co bono para os dous días: cun prezo de 50 euros para a compra anticipada e 60 en taquilla. Dende a organización agardan que o mal tempo non afecte á celebración do festival tal e como sucedera o ano pasado cando a chuvia non permitiu que se celebraran tódolos concertos.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg