|
GROVE> Molestos e preocupados, así se atopan os mariñeiros que se dedican á pesca do choco coa arte do trasmallo. O peche desta pesca pon en xaque ó sector.
O enfado e sobre todo a preocupación é manifesta entre este colectivo de mariñeiros do Grove que se dedican ó trasmallo. A principal fonte de ingreso desta arte é o choco e pechando esta especie esta flota terá que pechar. Unha flota que segundo os seus cálculos podería superar os 60 barcos. O principal problema ademais, é que estes mariñeiros non entenden a que se debe que se tome agora esta medida, cando tiñan un plan aprobado que lles permitía traballar ata o mes de decembro é dicir, todo o que queda de ano e cando ademais hai outras artes que si se van a dedicar á pesca do choco.
A resposta que se lles da dende a Federación provincial é que a captura se atopaba aberta debido a un erro, e que eles o que fixeron foi poñer en coñecemento da administración a situación. Algo que non convence ó sector, que recorda que o plan leva en vigor xa seis meses. Ademais segundo estes mariñeiros o mes de xuño sempre permaneceu aberto para a arte do trasmallo, polo que non comprenden a que se debe agora esta medida.
E este tamén o principal motivo de enfado, ¿por que pechar o trasmallo e permitir seguir capturando esta especie con outras artes?
Un peche que deixa o sector na peor situación posible e que segundo eles se fai sen ningún consenso e sen ter en conta a súa opinión.
Nestes momentos dende o sector xa se solicitou que se volva a abrir a captura e que se lles permita faenar a lo menos durante o mes de xuño. Non hai que esquecer o peche tamén da centola que lles impide tamén dedicarse a outras especies. De non recibir resposta, non descartan levar a cabo mobilizacións ou tomar as medidas precisas para seren escoitados.
Redacción Salnés
|