Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Modesto arranque da campaña do percebe na zona norte
 
 
Modesto arranque da campaña do percebe na zona norte
Luns, 04 Xuño 2012

aperturazonanortepercebe100.jpgRIBEIRA> Os percebeiros de Aguiño iniciaron a actividade na zona norte. A escaseza de capturas de bo tamaño fixo que optaran por saír só un día á semana.

Os mariscadores da confraría de Aguiño comezaron a traballar na zona norte das súas concesións: por mar, a comprendida entre Punta Falcoeiros e Río Sieira e por terra en Corrubedo dende o Vilar ata a praia da Ladeira.

O inicio de campaña, tal e como agardaban, foi máis ben modesto polo que decidiron saír a faenar tan só un día á semana.

Os traballadores coincidiron en que hai percebe pero non abunda o de gran tamaño polo que para a ser a primeira xornada non augura grandes expectativas.

Baixa cotización

Efectivamente, ó igual que as capturas o prezo foi máis ben modesto. Tan só dous lotes chegaron ós cen euros e o resto non superaron os oitenta euros o quilo. Unha cotización moi baixa para o tamaño do percebe na que influíu a presenza de marisco noutras lonxas galegas.

Así as cousas, os mariscadores terán que alternar o percebe con outras artes e especies como a ameixa que tampouco destaca pola cantidade de capturas.

Redacción Barbanza

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?