Advertisement
Inicio arrow CULTURA arrow Pontevedra acolle de novo Culturgal, o escaparate da cultura
 
 
  • canal rias baixas
  • canal rias baixas
Pontevedra acolle de novo Culturgal, o escaparate da cultura
Martes, 05 Xuño 2012

PONTEVEDRA> Xa está aberto o prazo para propoñer contidos e para reservar espazos na feira, que estará no Pazo da Cultura do 30 de novembro ó 2 de decembro.

Nesta quinta edición, a organización conta con menos presuposto. Dous dos seus patrocinadores principais, Agadic, Secretaría Xeral de Política Lingüística recortaron a súa achega, mentres que o Concello mantén a mesma.

 O director de Agadic incidiu en que sexa a industria cultural a que debe ter máis peso para darlle continuidade á feira.

E precisamente neso está a traballar a organización. O listón para esta quinta edición está alto, logo do éxito de público que tivo Culturgal en 2011. Este será o terceiro ano consecutivo que Culturgal se celebra en Pontevedra.

A cidade encherase de novo de música, literatura, creación audiovisual, danza, teatro, deseño e novas tecnoloxías.

Redacción Salnés

 


canalriasbaixas_tv.jpg
Quen é o culpable do problema das "Preferentes"
 
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif

¿ Como sintonizarnos en TDT ?