Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Novas de Noia, Outes, Lousame, Porto do Son, Muros arrow Os condutores de Noia aproban os cambios circulatorios
 
 
Os condutores de Noia aproban os cambios circulatorios
Venres, 08 Xuño 2012

cambioscirculatoriosnoia100.jpgNOIA> As obras de saneamento que se están a acometer na zona do malecón de Noia obrigaron a unha serie de cambios na circulación.

Unha obra tan ampla como a dotación de saneamento na zona máis próxima á ría de Noia ten loxicamente as súas complicacións. Unha delas é a regulación do tráfico posto que o peche de treitos para acometer os traballos obriga a unha serie cambios de direccións nas rúas.

A finais de maio, cando comezaron as obras, a rúa Rosalía de Castro que discorre en paralelo á alameda pasou a ser de dobre sentido baixando todo o tráfico pola costa do Ferrador.

Dado que o treito do peirao do Marqués está pechado, a maioría dos vehículos que acceden a Noia deben dirixirse cara San Lázaro polo que, dende o concello optaron por introducir un nova cambio implantando a dirección única nesta vía.

Pola contra, hai quen insiste en que os cambios non fan máis que agravar a xa de por si difícil circulación polo centro de Noia.

O certo é que a falta de sinalización e o descoñecemento, xa que os cambios acaban de introducirse, despista aínda a moitos condutores que tentan circular segundo as antigas direccións provocando constantes problemas na circulación.

Redacción Barbanza

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?