Advertisement
Inicio arrow TAMBRE arrow ADEGA celebra o Día dos Océanos cunha limpeza simultánea de praias
 
ADEGA celebra o Día dos Océanos cunha limpeza simultánea de praias
Venres, 08 Xuño 2012

limpezapraiasadega100.jpgPORTO DO SON> ADEGA celebrou o Día Mundial dos Océanos cunha limpeza simultánea en praias de toda Galicia.

Numerosos colectivos de toda Galicia, como centros de ensino, asociacións culturais e clubs deportivos, sumáronse á limpeza simultánea de praias promovida por ADEGA no día mundial dos océanos.

O obxectivo desta iniciativa é chamar a atención sobre a necesidade de conservar o medio mariño con condutas responsables para loitar contra a contaminación, reducindo os niveis de residuos que producimos e fomentando a reciclaxe.

A praia de Queiruga foi un dos areais elixidos para desenvolver as tarefas de recollida de residuos que levaron a cabo varios voluntarios. Ó igual que no areal sonense, as accións de limpeza sucedéronse simultaneamente por toda Galicia e mesmo se levou a cabo unha limpeza dos fondos mariños en Bouzas.

Dende ADEGA destacaron a boa resposta da sociedade que colaborou activamente con esta iniciativa que foi seleccionada pola Fundación Biodiversidade no marco do programa ‘Praias, Voluntariado e Custodia do Territorio’.

Aínda así, lembraron que se trata dunha acción simbólica que vén complementar as actividades que o colectivo realiza durante todo o ano en defensa do medio ambiente.

Redacción Barbanza

 
canalriasbaixas_tv.jpg
Quen é o culpable do problema das "Preferentes"
 
 

caja_newsletter.gif

¿ Como sintonizarnos en TDT ?