Advertisement
Inicio
 
 
  • canal rias baixas
  • canal rias baixas
Os veciños da Xunqueira reclaman medidas para frear os asolagamentos
Martes, 12 Xuño 2012

VILAGARCIA> A nova directiva da Asociación Veciñal Zona Xunqueira comeza o seu mandato traballando a reo por procurar as necesidades urxentes deste barrio:

...a primeira e máis apremiante delas é eliminar os constantes asolagamentos que se producen en varios puntos do entorno, especialmente na rúa Matosinhos. Cada vez que chove, ó non estar separada a recollida de pluviais e fecais as rúas convértense en auténticos ríos de lixo; ata o punto de que mesmo os nenos teñen que saír no colo dos colexios lindeiros.

A maiores deste problema que chega co mal tempo, a falta de limpeza e mantemento dos parques e das beirarrúas é outro problema que teñen na zona da Xunqueira.

E é que estes problemas xa non son novos; levan máis dunha década pelexando por acondicionar o seu barrio sen obter ate o de agora unha solución axeitada. Estes veciños están á espera dunha xuntanza que non dá chegado co Alcalde de Vilagarcía.

Mentres eso non ocorre, teñen pensado intercambiar opinións co resto das Asociacións Veciñais do Concello.

Redacción Salnés

 


canalriasbaixas_tv.jpg
 
DEPORTES

 SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.

Quen é o culpable do problema das "Preferentes"
 
 
 
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif

¿ Como sintonizarnos en TDT ?