Advertisement
Inicio arrow DEPORTES arrow Os ciclistas junior, protogonistas da I Ruta do Viño Albariño
 
 
Os ciclistas junior, protogonistas da I Ruta do Viño Albariño
Mércores, 20 Xuño 2012

CAMBADOS> Esta mañá foi presentada a I Ruta do Viño Alabariño. Trátase dunha competición dirixida a categorías junior, sub-20 e master que se disputará esta fin de semana. A súa peculiaridade, é que a diferencia doutras probas semellantes que se celebran nun único día, esta contará con varias etapas.

 

En momentos de crise poden seguir nacendo eventos deportivo. É o caso da Ruta do Viño Albariño que se celebra esta fin de semana no Salnés. A carreira está organizada polo Club Ciclista Cambados e conta coa colaboración do propio concello, Deputación e Concello de Meaño. De feito, Meaño terá un protagonismo especial coa disputa de dúas etapas: a primeira o sábado pola mañá cunha cronoescalada ó Alto de O Busto, de tres quilómetros, e a segunda, pola tarde, con saída e chegada na propia localidade, cun percorrido por varios puntos do Salnés de 54 quilómetros. A terceira tirada, na que se decidirá o campión terá inicio e fin en Cambados, cun percorrido de 69 quilómetros.

Todo isto será para as categorías Junior e Sub-20, mentres que os Master realizarán percorridos semellantes, pero algo máis longos. Sen embargo os protagonistas serán os máis xóvenes, os Junior, que se levarán os premios máis cuantisosos, tentando incentivar que os equipos traballen para eles, ademais de encher un oco baleiro nesta categoría, na que apenas desfrutan de voltas por etapas.

Na presentación estiveron entre outros o alcalde de Meaño, Jorge Domínguez, e representantes da Federación Galega de Ciclismo. Tamén acudíu Gustavo César Veloso, que este venres afronta o Campionato de España de Contrarreloxo.

Redacción Salnés

 


 SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.

 BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.

 BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

canalriasbaixas_tv.jpg
Quen é o culpable do problema das "Preferentes"
 
Arquivo
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif

¿ Como sintonizarnos en TDT ?