Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow As atletas do Liceo Casino quedan terceiras no Autonómico de Atletismo Junior
 
 
As atletas do Liceo Casino quedan terceiras no Autonómico de Atletismo Junior Imprimir Correo electrónico
Martes, 09 Maio 2006

VILAGARCÍA > O Pavillón Ourense en categoría masculina e o Ría de Ferrol na feminina foron os vencedores absolutos do Campionato Galego Júnior de Atletismo. A competición disputouse esta fin de semana nas pistas de Fontecarmoa, en Vilagarcía. O equipo local, o Inmobiliaria Tellanova Liceo Casino acadou a terceira praza en féminas.

atletismojunior_300_090506.jpgAs féminas do conxunto vilagarcián Inmobiliaria Tellanova - Liceo Casino foron as máis destacadas do seu club no Campionato Galego Júnior de Atletismo disputado o sábado en Fontecarmoa. As arousáns finalizaron na terceira praza por detrás das ferrolás que sumaron 11.923 puntos e o Ourense feminino que sumou 378 menos. O equipo local conseguiu 9.248 puntos tras unha dura pelexa co Vila de Cangas que acabou cuarto.

A nivel individual os resultados das atletas liceísticas foron satisfactorios, destacando o triunfo de Xiana Carbia nos 1.500 metros. Na segunda praza quedaron Lara Ortigueira, Alba Refojo, Purificación Bermúdez e María Ruso en relevos 4 por 400; esta última repetiu posición nos 3.000 metros lisos, ó igual que Lara Ortigueira en salto de lonxitude, Laura Río nos 5 quilómetros marcha, Saleta Aboy nos 800 metros lisos e Bárbara Cons no triple salto. Pola súa banda María Fernández foi terceira en 100 metros vallas, Inmaculada Diz en 400 e María José Chorén en 200 metros lisos.

A proba serviu para ver en acción ás mellores promesas do atletismo galego tanto en categoría masculina como feminina e consolida a Vilagarcía como unha das localidades onde o atletismo recibe un maior impulso.

Redacción Salnés

 


Advertisement