Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Os cambios de tráfico en Abesadas buscan máis fluidez e seguridade
 
 
Os cambios de tráfico en Abesadas buscan máis fluidez e seguridade
Luns, 25 Xuño 2012

reordenaciontraficaabesadas100.jpgRIBEIRA> Primeira xornada laborable cos cambios de tráfico introducidos no barrio de Abesadas que se puxeron en marcha esta fin de semana.

Os cambios na circulación consistiron en dotar de sentido único ás rúas Xohana Torres e Carlos Casares que se suman á de Clara Campoamor na que xa se viña circulando nunha soa dirección.

O mesmo acontece nun treito da rúa Estatuto, nas inmediacións do colexio galaxia, unha vía na que se rexistraban constantes retencións especialmente nas horas de entrada e saída do centro.

Máis seguridade

A reordenación que entrou en funcionamento esta fin de semana ten por obxectivo incrementar a seguridade tanto dos condutores como dos peóns. Nestas primeiras xornadas analizarase o resultado dos mesmos por si é necesario introducir novas modificacións circulatorias.

Redacción Barbanza

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?