|
Meis ampliará as prazas que ninguén quede sen sentar na Festa dos Callos |
|
Venres, 29 Xuño 2012 |
|
MEIS> As celebracións na honra de San Bieito comezan esta fin de semana co XII Trofeo de Xadrez e a Feira Labrega.
Actividades deportivas, infantís, moita música e citas gastronómicas compoñen un ano máis o cartel das Festas de San Bieito de Meis. O programa arrinca esta fin de semana. Mañá será a quenda do deporte coa celebración do décimo segundo Torneo de Xadrez no pavillón municipal. Pero a primeira cita de soleira será este domingo coa celebración da quinta Feira Labrega. Ás dez da mañá abrirán os postos e comezará a soar a música a cargo de agrupacións de gaiteiros e as bandas de música municipais.
Outra das citas tradicionais destas festas é o concurso ‘Porque ti o vales’. Aínda que este ano, vén con cambios.
Pero sen dúbida, se hai unha cita clave nestes festexos é a Feira dos Callos. Terá lugar o domingo oito de xullo no campo da feira de Mosteiro. Como anos anteriores o prezo da ración será de 7 euros, 125 para os que reserven mesa para catorce comensais. O ano pasado congregou entre cinco mil e seis mil persoas. Esta edición intentarán evitar aglomeracións.
Redacción Salnés
|