Advertisement
Inicio
 
 
  • canal rias baixas
  • canal rias baixas
Os sombreiros e os zapatos máis exclusivos están en Novavila
Venres, 29 Xuño 2012

fotosombreiroscopia.jpgMEIS> O creador de sombreiros máis recoñecidos internacionalmente, Philip Treacy, e o deseñador de zapatos Manolo Blahnik amosan as súas propostas.

O establecemento enoturístico Novavila vístese esta fin de semana de gala, para recibir á colección do creador de sombreiros Philip Treacy e os manolos máis internacionais, os zapatos que deseña Manolo Blahnik. Ó longo destes tres días todo o que o desexe pode achegarse ata Meis para asistir a un showroom único en España.

Esta empresaria andaluza leva máis dunha década dedicada ó mundo da moda, e neste momento ven de abrir en Sevilla o que é o único establecemento en España no que se poden atopar os tocados e os sombreiros do máis recoñecido creador a nivel internacional.

A elegancia, o colorido e a calidade desta colección son as claves, segundo Reyes Hellín. Pero hai outro elemento tamén importante, non esquecer que o sombreiro é un complemento.

Unha beleza completa que neste caso se ve reforzada co entorno escollido para realizar esta presentación. O establecemento enoturístico Novavila convértese do novo en centro da moda e do glamour da man das mellores marcas a nivel mundial.

A propia Reyes Hellín amosou a súa satisfacción por ter escollido este enclave para facer a presentación, un lugar segundo ela, inmellorable.

Pois así, con esta invitación da empresaria andaluza á que se suma tamén a da dirección deste establecemento enoturísitco recordámoslles este sábado de doce da mañá a nove da noite e o domingo ata as tres, Novavila abre as súas portas para gozar desta colección.

Redacción Salnés

 


canalriasbaixas_tv.jpg
 
DEPORTES

 SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.

Quen é o culpable do problema das "Preferentes"
 
 
 
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif

¿ Como sintonizarnos en TDT ?