| Comeza en O Grove unha escola de verán en inglés |
| Luns, 02 Xullo 2012 | |
|
A academia de inglés Kids & Fun organiza por segundo ano consecutivo en O Grove unha escola de verán para que os máis novos poidan aprender inglés, Desta volta a inciativa conta coa colaboración da Concellería de Educación do municipio. Máis de 200 rapaces de entre 4 e 12 anos divertiranse este verán no Monte da Vila, asistindo ás clases, facendo manualidades ou practicando deporte. Os protagonistas, os rapaces, ocuparon o tempo algúns deles, facendo trens con caixas de cartóns. Momento que aproveitamos para pasarlles o primeiro exame de inglés. Un total de 15 monitores dirixen os 11 grupos nos que están repartidos os rapaces, por idade. Tanto concello como Kids & Fun agardan que co paso dos días máis pais de O Grove e de fóra anímense a anotar ós rapaces neste campamento. Redacción Salnés |


