Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Inaugúranse as obras de mellora da seguridade vial entre Leiro e Lois
 
 
Inaugúranse as obras de mellora da seguridade vial entre Leiro e Lois
Luns, 02 Xullo 2012

obras_ribadumia copia.jpgRIBADUMIA> Ó acto asistiu o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas. A obra conta cunha inversión de case dous millóns de euros.

Dúas actuacións rematadas que van permitir mellorala calidade de vida dos veciños de Ribadumia e dos arredores. Así definiu este domingo o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, as obras de mellora da seguridade viaria levadas a cabo entre as parroquias de Leiro e Lois.

Estas consistiron na construción dunha glorieta na intersección entre a estrada autonómica Mosteiro-Cambados e as que van de Lois- A Goulla e Leiro-Besomaño; complementada coa obra de mellora no tramo Freixo-Leiro-Ribadumia rematada en marzo.

E é que segundo destacou a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, este tramo de estrada era un punto conflitivo ó que con esta obra lle deron solución. Conseguiuse reordenalo tráfico e mellorala seguridade e visibilidade tanto dos peóns coma dos condutores.

Esta obra é froito dun convenio de colaboración entre Xunta, Deputación e concello. Aspecto que resaltou tanto o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas coma o Presidente da Deputación. Ambos, ademais, destacaron as actuacións que desde o goberno autonómico están a facer a favor da comarca do Salnés e, en concreto, en Ribadumia, como a EDAR ou a execución do Plan Umia.

A obra contou cun investimento de case dous millóns de euros.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?