Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Vilanova Centro agasalla ós nenos con viaxes no Chiquitren
 
 
Vilanova Centro agasalla ós nenos con viaxes no Chiquitren Imprimir Correo electrónico
Martes, 09 Maio 2006

trenvilanova_100_090506.jpgVILANOVA > Viaxes en tren para os máis pequenos. Este é o agasallo co que Vilanova Centro agasallará ós cativos do municipio que animen ós seus pais a mercar nos comercios da vila. Con esta singular iniciativa o centro comercial aberto busca un xeito de premiar a fidelidade e confianza dos clientes debuxando un sorriso nas caras dos seus fillos.

trenvilanova_300_090506.jpgPor cada compra realizada nun comercio adherido a Vilanova Centro (sexa cal sexa o importe) os clientes recibirán unha entrada para un cativo para que dea unha volta polo municipio no Chiquitren da vila.

O acompañante do cativo (que non ten por qué ser o pai) si que terá que mercar a entrada. O billete para o tren será válido para empregar tódolos días da semana (1.41.00) de 10 da mañá a 1 da tarde e de 4 da tarde a 9 da noite tódolos días da semana.

A do tren é só a primeira das iniciativas que Vilanova Centro porá en marcha este mes para premiar a fidelidade dos clientes.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg