Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Ferido grave ó chocar a súa furgoneta cun camión
 
 
Ferido grave ó chocar a súa furgoneta cun camión
Mércores, 04 Xullo 2012

SANXENXO> O ferido, un veciño de Ponteareas de 32 anos, foi trasladado de urxencia o Hospital Clínico de Santiago, con pronóstico moi grave.

 

Ás 12:26 producíase un accidente na Vía Rápida do Salnés, no quilómetro 21. Foi xusto no acceso á estrada no carril de aceleración na súa entrada por Portonovo-Adina, cando unha furgoneta Ford Transit con matrícula 0631FWK, impactou de xeito frontal contra a parte traseira dun camión. Este último permanecía parado ó final do carril de  agardando para poder incorporarse á via.

Segundo a Garda Civil de Tráfico todo apunta a que o conductor da furgoneta non se percatou desta circunstancia e acelerou mentres miraba polo retrovisor, impactando violentamente contra o camión.

Dada a gravidade das feridas do conductor da furgoneta, un home natural de Ponteareas de 32 anos de idade, ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Salnés e de Sanxenxo, Garda Civil de Tráfico, Emerxencias 061, Policía local e un helicóptero medicalizado que trasladou de urxencia ó ferido ó Hospital Clínico de Santiago con pronóstico moi grave debido ós numerosos traumatismos que sufríu.

Unha vez máis este treito vía rápida, o único que falta por desdobrar da autovía do Salnés, volve a ser protagonista en negativo.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?