Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Unha muller de 64 anos perde a vida na Vía Rápida do Salnés
 
 
Unha muller de 64 anos perde a vida na Vía Rápida do Salnés
Venres, 13 Xullo 2012
O GROVE> No mesmo punto da Vía Rápida producíuse outro accidente, que deixou dúas mulleres feridas.

A falecida conducía pola Vía Rápida do Salnés, en dirección ó Grove, e á altura da curva pechada que precede á recta da Lanzada perdeu o control do seu vehículo. O mal estado da calzada, moi esbaradiza, o vento e a propia velocidade do turismo foron as cusas do sinistro.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Sanxenxo, unha ambulancia e efectivos da Garda Civil de Tráfico e a da Policía Local. Pese á súa dilixencia, e ós intentos de reanimar á víctima, nada puideron facer pola súa vida.

A falecida, única ocupante do vehículo de 64 anos era de O Grove, aínda que de raíces inglesas.

O lugar onde se producíu este accidente tardou tan só catro horas en confírmase como punto negro das estradas españolas. Pasadas ás 16:30 producíase no mesmo punto un choque entre dous turismos. Pese o espectacular do accidente, desta volta non houbo falecidos. Tan só unha ferida leve, unha muller de 31 anos veciña do Grove, e unha grave, de 28 anos de idade, natural de Pontevedra. Ambas foron trasladadas en ambulancia ata o Hospital de Montecelo. Estes sinistros coinciden días despois do anuncio do esperado desdobramento da Vía Rápida entre Sanxenxo e O Grove.

Ademais destes dous brutais accidentes en O Grove,  ás 10:20 rexistrábase outro na Vía Rápida entre Cambados e Vilagarcía. A colisión de dous turismos deixou un balance de tres feridos. Tamén unha persoa resultaou ferida de caracter leve noutra colisión entre dous vehiculos á altura de Dorrón.

Ademais, os servicios de emerxencias tiveron que traballar durante toda a mañá en diversas incidencias acontecidas por mor deste inesperado e pasaxeiro temporal.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?