Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Núñez Feijoó critica a paralización de proxectos no Barbanza por parte da Xunta
 
 
Núñez Feijoó critica a paralización de proxectos no Barbanza por parte da Xunta Imprimir Correo electrónico
Xoves, 11 Maio 2006
RIBEIRA > O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, arremeteu contra o goberno da Xunta de Galicia, á que acusou de retrasar e paralizar as principais actuacións previstas a nivel de infraestruturas para a comarca do Barbanza. As declaracións foron realizadas polo presidente do PP galego durante a súa visita á carpa da campaña de afiliación deste partido en Ribeira.

nezfeijoo_300_110506.jpgO presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, achegouse á comarca do Barbanza, máis concretamente o concello de Ribeira, para visitar a carpa da campaña da súa formación política ‘Hai partido, ¿xogas?’ que ten como obxectivo incrementa-la afiliación.

Ó acto central desta campaña asistiu nutrido grupo de persoas, fundamentalmente militantes e simpatizantes desta formación política, entre os que se atopaban tamén destacados membros do PP a nivel comarcal coma os alcaldes de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, e Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, así como o deputado autonómico, Manuel Ruíz Rivas.

O presidente dos populares galegos amosou a súa satisfacción ante os bos resultados acadados por esta campaña que pretende a captación duns dez mil afiliados en toda Galicia. Polo momento, as previsións vanse cumprindo xa que, ó longo dunha soa mañá, conseguiuse o respaldo de cincuenta persoas no concello de Ribeira. O PP agarda superar as expectativas iniciais que apuntaban a 300 novos afiliados en toda a comarca do Barbanza.

No transcurso do acto, Núñez Feijóo fixo un repaso polas principais necesidades da comarca, cuestións nas que incidirá a súa formación política como son a autovía do Barbanza como arteria principal de comunicación e a ampliación do porto comercial de Ribeira. A este respecto, Núñez Feijoó criticou a xestión do goberno da Xunta de Galicia en relación a proxectos de gran importancia para o desenvolvemento da comarca e de Galicia, en xeral.

Redacción Barbanza

 

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg