Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow España y Fernández derruba o ático dun inmoble para axustarse á lei urbanística
 
 
España y Fernández derruba o ático dun inmoble para axustarse á lei urbanística Imprimir Correo electrónico
Xoves, 11 Maio 2006

BOIRO > A promotora España y Fernández iniciou estes días as obras de derrube dunha parte do ático dun edificio que constrúe na Avenida de Barraña e que fora precintado polo concello boirés o pasado mes de agosto ó excede-lo volume permitido. Para poder continuar coas obras a empresa construtora tivo que elaborar un estudo de detalle no que figuraban as correccións propostas polos técnicos municipais para adecua-lo edificio á legalidade urbanística vixente. Ademais de reduci-la altura do inmoble a promotora deberá tamén modifica-las beirarrúas da urbanización.

edificioespaa_300_110506.jpgDende a súa chegada á fronte do Departamento de Urbanismo o edil Xoán León afirmou que non ía permitir ningún tipo de irregularidade en materia urbanística. Nese sentido ó pouco tempo de acceder ó seu cargo, esa advertencia cobrou forma e dou orde de precintar dous edificios que supostamente excedían o volume permitido.

Nunha desas obras, a que a empresa España y Fernández construe na Avenida de Barraña, xa deron comezo os traballos de derrube de parte do inmoble co fin de conseguir a súa legalización. O proxecto constaba de tres fases, e tan só unha delas incumpría a normativa vixente, polo que o concello permitiu que continuasen as obras nas partes do edificio que se axustaban á lei.

A disponibilidade do constructor a cooperar co concello para repoñe-la legalidade provocou que os propios técnicos municipais realizaran un informe sobre as modificacións que habería que realizar no inmoble.

O constructor plasmou estas correccións nun estudo de detalle que a pasada semana recibiu o visto bo da comisión de goberno, o que provocou que se puideran inicia-los traballos de demolición da parte superior do inmoble.

A situación deste edificio é ben diferente á existente noutro edificio tamén precintado polo executivo boirés, promovido por Juan Sampedro e situado na avenida da Constitución. Neste caso as obras tamén se paralizaron por excede-lo volume permitido nos voos e no baixo cuberta. O expediente imposto contra este constructor foi incluso remitido á Fiscalía xa que supostamente a promotora incumpriu en varias ocasións o decreto de paralización, coas conseguintes sancións do concello por este motivo.

O edil de Urbanismo boirés sinalou ademais que os técnicos municipais están a estuda-lo expediente co fin de comunicarlle ó promotor as correccións que debe realizar no edificio para poder consegui-la súa legalización.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg