InicioDEPORTES ¿Estamos ante o mellor deportista galego da historia?
¿Estamos ante o mellor deportista galego da historia?
Xoves, 09 Agosto 2012
SALNÉS> Despois de dous días de ledicia para o deporte galego, coas medallas nos Xogos Olímpicos de Javi Gómez Noya e David Cal, saímos á rúa para saber que opina a xente da actuación dos españois en Londres. Hai división de opinións pero no que todos coinciden é que David Cal é por méritos propios o mellor deportista galego da historia.
Semella que tivo que chegar Gómez Noya para que os deportistas españois comezaran a animarse a gañar medallas. Despois dunha primeira semana desastrosa, os éxitos comezaron a chegar para o deporte español. Saímos á rúa para coñecer a opinión da xente sobre a actuación dos nosos.
Outro dos debates que se xeraron, despois da quinta medalla acadada por David Cal nuns Xogos Olímpicos é quen é o mellor deportista galego de tódolos tempos. Para a maioría, o padexeiro de Cangas sobresae por enriba do resto.
O mellor de todo para o deporte español e que aínda quedan moitas opcións de medalla incluída e de outras galegas, Echegoyen, Toro e Pumariega, no Match Race de vela.
BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
RIBADUMIA> O concello de Ribadumia presentou esta fin de semana a segunda edición da Ruta BTTinto. O evento celebrarase o vindeiro 2 de xuño e a falta de quince días para que se peche o prazo de inscripción, xa conta con 400 participantes. Ó acto de presentación acudíu o ex ciclista Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia en 2006, que exerceu de padriño.