Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Os gobernos da Pobra e Rianxo renuncian ó cobro da extra de Nadal
 
 
Os gobernos da Pobra e Rianxo renuncian ó cobro da extra de Nadal
Venres, 10 Agosto 2012
renunciapagaextra100.jpg POBRA> O alcalde e o edil de Servizos renunciarán ó cobro das pagas extraordinarias de Nadal, en solidariedade cos funcionarios e persoal laboral.
 
Unha decisión similar tomou o equipo de goberno de Rianxo. O alcalde e o tenente alcalde decidiron destinar o importe íntegro das súas pagas extraordinarias a financiar programas sociais do concello.
 
Trátase tamén dunha renuncia voluntaria en solidariedade coa minoración salarial para os traballadores públicos aprobada polo goberno central.
 
Redacción Barbanza
 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?