| O PP de Vilagarcía non considera prioritario o proxecto ‘Luz Salgada’ |
|
|
| Venres, 19 Maio 2006 | |
|
VILAGARCÍA > O PP de Vilagarcía non entende o endebedamento ó que se someterá o concello coa aprobación do Proxecto Luz Salgada. Este é o principal motivo polo que os populares se abstiveron na votación onte do pleno no que o proxecto saíu adiante. O Partido Popular non está en contra pero considera que, en materia de turismo, Vilagarcía debería ter outras prioridades para endebedarse.
O PP non é contrario ó proxecto pero, en materia turística, Vilagarcía debería ter, segundo eles, outras prioridades como a adecuación das praias de Compostela e o Preguntoiro ou a xestión do Balneario. Destinar 6 millóns de euros a Luz Salgada din que evidencia unha mala xestión dos fondos públicos. Sobre a votación realizada onte, Fole foi especialmente crítico cos nacionalistas por votaren favorablemente ó proxecto mantendo unha actitude contradictoria e incoherente coas críticas feitas noutrora ó equipo de goberno. Redacción Salnés |



6 millóns de euros, ou o que é o mesmo, mil millóns das antigas pesetas é un crédito moi alto polo que endebedarse para o proxecto Luz Salgada a xulgar polos populares. O voceiro do Partido Popular no municipio, Tomás Fole quixo deixar claro o motivo da abstención do seu grupo no pleno extraordinario celebrado onte para votar o proxecto. 
