| Fútbol de nivel no Torneo Cadete 'Concello de Moraña' |
|
|
| Martes, 13 Xuño 2006 | |
|
MORAÑA > Barcelona, Real Madrid, Bilbao, Atlético de Madrid, Celta e Sporting de Lisboa. Estes clubs reúnense esta fin de semana en Moraña para participar no Torneo Internacional de Fútbol Cadete. O campo de Mirallos será o escenario da competición con entrada gratuíta.
A competición abrirase o sábado ás dez da mañá co enfrontamento do Atlético de Madrid e o Celta de Vigo. Precisamente un dos xogadores celestes do primeiro equipo, Borja Oubiña, apadriñou a presentación do torneo, realizada no Centro Cultural de Moraña. O celtista dirixiu unhas cariñosas palabras á organización e destacou a calidade e o altísimo nivel dos participantes. Para o concello de Moraña supón un orgullo acoller un Torneo que se presenta como o mellor de España nesta categoría. A competición axuda ademais a atraer visitantes ó municipio e máis cun cartel como o desta edición. A final do torneo disputarase o domingo ás doce do mediodía. Redacción Salnés |




Este é o espectacular cartel do Sexto Torneo Internacional de Fútbol Cadete Concello de Moraña. A organización comandada pola Asociación Cultural e Deportiva Moraña conta este ano coa colaboración de 27 firmas privadas, ademais do apoio do concello e da Deputación de Pontevedra. Os partidos disputaranse esta fin de semana no campo de Mirallos. 









