Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Os vándalos destrozan varios paneis informativos no Centro de Neixón
 
 
Os vándalos destrozan varios paneis informativos no Centro de Neixón Imprimir Correo electrónico
Martes, 13 Xuño 2006

BOIRO > A Policía Local e a Garda Civil de Boiro iniciaron unha investigación para dar cos posibles autores dun acto vandálico no Centro Arqueolóxico de Neixón. O incidente, que se produciu esta pasada fin de semana, saldouse coa rotura de varios paneis informativos. Os gastos ocasionados ascenden a uns seis mil euros.

naixn_200_130606.jpgO concelleiro de Cultura boirés, Xerardo Piñeiro, informou do suceso acontecido esta pasada fin de semana no Centro Arqueolóxico de Neixón onde uns vándalos destrozaron dous paneis informativos existentes nas proximidades dun dos castros alí asentados.

Segundo el a Policía Local e a Garda Civil iniciaron xa as investigacións co fin de dar co paradoiro do posible autor ou autores dos feitos.

Xerardo Piñeiro fixo referencia a que esta é a primeira vez que se producen uns incidentes tan graves nesta zona, xa que os danos ocasionados ascenden a uns seis mil euros. Por esta razón o executivo boirés ten previsto incrementa-la vixilancia no lugar para que este tipo de actos non se volvan a producir.

Redacción Barbanza

 

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?