| O consultorio de Cabo de Cruz só permanecerá pechado quince días |
| Venres, 14 Xullo 2006 | |
|
BOIRO > A problemática xurdida en Cabo de Cruz ante a falla dun médico substituto durante o verán segue dando que falar. Esta vez foi o propio alcalde, Xosé Deira, quen tranquilizou ós veciños argumentando que se trata soamente dun problema temporal e, en ningún caso, constitúe un preámbulo para a eliminación da praza de médico na parroquia. Así mesmo, o rexedor anunciou que xa están cubertos quince días das vacacións polo que os afectados soamente terían que desprazarse ata o centro de saúde de Boiro durante unha quincena.
En todo caso, o alcalde boirés quixo deixar claro que o goberno autonómico non ten intención de eliminar a consulta de Cabo de Cruz. Lonxe disto, estas e a barallar a posibilidade de habilitar novas instalacións posto que as actuais presentan numerosas deficiencias. A intención do executivo é cubri-las carencias de persoal cos medios posibles polo que se está a tratar coa Consellería a necesidade dunha maior planificación para evitar as molestias ós cidadáns. Redacción Barbanza
|


O rexedor boirés explicou que esta situación non é exclusiva de Cabo de Cruz senón que é extensible a todo o municipio boirés que durante o verán ve duplicada a súa poboación coincidindo coa maioría das vacacións dos facultativos. Para tratar o problema da atención ós desprazados, Deira mantivo unha xuntanza coa xerente de Atención Primaria da Consellería de Sanidade, quen lle confirmou que o consultorio de Cabo de Cruz só permanecerá pechado durante quince días.