Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Dous feridos leves nun aparatoso accidente na vía rápida do Barbanza
 
 
Dous feridos leves nun aparatoso accidente na vía rápida do Barbanza Imprimir Correo electrónico
Mércores, 19 Xullo 2006

RIANXO > A Vía Autonómica do Barbanza volveu rexistrar un novo accidente ó seu paso polo concello de Rianxo, no quilómetro 17’800. No sinistro víronse implicados catro turismos. A pesar da aparatosidade do mesmo non houbo que lamentar vítimas, resultando feridos leves dous dos condutores dos vehículos. A consecuencia da colisión a estrada estivo cortada durante unha hora e media .

Segundo sinalaron fontes da Policía Local de Rianxo o accidente producíase no quilómetro 17’800 da Vía Autonómica do Barbanza, concretamente na saída existente neste concello en dirección a Ribeira.

No suceso víronse implicados un total de catro vehículos: un Ford Fiesta con placas de matrícula 7276 BSC conducido por unha muller con iniciais M.J.P.V. veciña da Pobra do Caramiñal e que resultou ilesa; un Audi A4 con matricula 6867 DJL conducido por R.B.P. veciño de Cacheiras e que tamén resultou ileso; un Ford Orión con placas de matrícula C-0783-AJ conducido por J.L.A.C. veciño de Rianxo e que resultou ferido leve e un Seat Ibiza con matrícula C-6280-BW, conducido por F.J.H.R. veciño de Boiro e que tamén resultou ferido leve.

Os dous feridos foron trasladados na ambulancia da Cruz Vermella de Rianxo ata o Hospital Clínico de Santiago.

Ó parecer e segundo non informaron fontes policiais a colisión debeuse a unha invasión do carril contrario dun dos vehículos. Ata o lugar do accidente trasladáronse ademais da Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, unha dotación da Garda Civil de Tráfico e Atestados, que estiveron regulando a circulación na zona durante unha hora e media entre as tres e media e as cinco da tarde, desviando o tráfico pola estrada AC-305. Esta situación provocou importantes retención debido a que se trataba dunhas horas con bastante tráfico nesta estrada de vehículos que se dirixen ata os areais da comarca.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg