| A costa barbanzá convértese nun referente das artes de pesca tradicional |
|
|
| Luns, 24 Xullo 2006 | |
|
BOIRO > Representantes de traballadores, empresarios e dos gobernos de Perú, Brasil e Uruguay achegáronse ata o porto de Escarabote, no concello de Boiro, para coñecer de preto as artes de pesca tradicional empregadas na zona. Esta visita forma parte dun curso de 14 días que se está a impartir no Instituto Social da Mariña en Bamio, e a aprendizaxe está a ser moi produtiva para os participantes.
Ademais de dar a coñecer as artes pesqueiras, este proxecto, do que xa se realizaron máis edicións, ten este ano unha particularidade. Tódolos participantes amosáronse atentos ás explicacións para poder aplicar as ensinanzas nos seus países, aínda que as realidades sexan moi diferentes. Despois dunha semana de actividade, o seminario clausuraráse o vindeiro venres cun balance moi positivo por parte dos asistentes. Redacción Barbanza
|



Explicar ‘in situ’ como se realizan os traballos de marisqueo, pesca artesanal e acuicultura en España. Este é o obxectivo do seminario que dende o pasado martes se imparte no Instituto Social da Mariña en Bamio. A visita á praia pobresa dos Raposiños e ó porto de Escarabote, en Boiro, constitúen a parte práctica deste curso, unha iniciativa que xurdíu dun convenio firmado entre a Organización Internacional do Traballo e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
