Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Cinco mil veciños de Oleiros e Olveira xa poden conectarse á nova rede de auga
 
 
Cinco mil veciños de Oleiros e Olveira xa poden conectarse á nova rede de auga Imprimir Correo electrónico
Luns, 31 Xullo 2006

RIBEIRA > A nova rede de abastecemento de auga para as parroquias de Oleiros e Olveira en Ribeira xa entrou en funcionamento e os veciños destas zonas xa poden solicita-la correspondente conexión á nova rede. O concello ribeirés achegou unha partida de 804 mil euros a esta actuación, o que corresponde ó 50% do investimento necesario para levar a cabo a obra, que beneficiará a uns cinco mil veciños.

oleiros_300_310706.jpgOs veciños das parroquias ribeiresas de Oleiros e Olveira xa poden conectarse á nova rede de abastecemento de auga, unha actuación que empezou a construirse a mediados do ano 2005.

Así os veciños que estean interesados en dispor desta mellora deberán solicita-lo enganche á compañía Aquagest, concesionaria do servizo de mantemento. Segundo fontes municipais durante uns tres días o consumo de agua que efectúen os novos aboados non se cobrará. Esta circunstancia débese fundamentalmente a que, ó tratarse de tubaxes novas é frecuente que as primeras veces que se utilizan a auga saia revolta. Por este motivo, os técnicos aconsellan agardar a que a situación se estabilice antes de comezar a contabiliza-lo consumo. Os residentes deberán ter un contador nos seus domicilios para que sexa posible realiza-las medicións e pasar ó cobro os recibos.

Estes aparatos deberán estar homologados e poden ser colocados tanto pola compañía Aquagest coma por outra calquera que dispoña da correspondente autorización. A realización desta obra suporá o fin dos problemas de abastecimento e cobre as necesidades da totalidade das parroquias.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg