| Mariano Rajoy visita a zona cero de Meis |
|
|
| Martes, 08 Agosto 2006 | |
|
Todos percorreron a zona da Pereira, unha das máis afectadas polo lume que chegou ata as mesmas casas e escoitaron as historias dos veciños que se lamentaban da falla de medios e da impotencia. Os políticos trataban de tranquilizalos e convencelos de que farán todo o posible para resarcilos, pero quen loitou corpo a corpo co lume non pode esquece-lo medo. Pero non son os únicos que hoxe aínda tremían de Tamén aseguraron que pedirán explicacións, aínda que polo momento o importante é extingui-los incendios. Durante o percorrido polas zonas afectadas os políticos do PP foron testemuñas de como se reactivaban moitos lumes que parecían extinguidos, e eles mesmos trataron de apagalos con mangueiras, sachos e ramas, comprobando as dificultades que entrañan estes sistemas manuais, os únicos que tiveron os veciños do Salnés para salvar as súas casas. Redacción Salnés |





MEIS > O presidente do PP visitou unha das zonas máis afectadas polos incendios dos últimos días. A de Armenteira en Meis. Acompañado de numerosos cargos do PP e de alcaldes da comarca, Rajoy puido escoitar de primeira man a odisea dos veciños para apagar sós o lume que chegou ata a mesma porta das súas casas.
A expectación mediática ante a visita de Rajoy demostraba que Galicia é hoxe noticia en todo o país por culpa dos incendios. O presidente popular achegábase esta mañá ata unha das zonas máis afectadas do Salnés, o monte de Armenteira, en Meis. Con él acudiron, entroutros, o presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijoo, o secretario xeral, Alfonso Rueda, a ex ministra Ana Pastor e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
medo. No medio do monte atoparon un can asustado que a penas podía moverse. Todo o seu corpo tremía deixando boa constancia do que viviron persoas e animais estes días. Unha situación que o PP tratará de compensar. 
