| Estrélase un hidroavión contra o mar nas labouras de extinción |
|
|
| Martes, 08 Agosto 2006 | |
|
A avioneta sinistrada enxordecía ós bañistas que aproveitaban os raios do mediodía no concello de Poio ó caer estrondosamente nas augas da praia de Raxo tras realizar unha manobra errada. A Garda Civil acudía unha hora despois ó lugar dos feitos a inspeccionar a zona, onde xacían aínda os anacos da hélice, que se desfixo tras bater contra a auga. Este percance, no que non houbo que lamentar danos persoais, deixará fora de servizo ó avión durante un mes. Inmediatamente despois de bater contra a auga, o piloto foi rescatado polo persoal do Club Náutico de Raxó e atendido no porto por unha unidade do 061. Mesmo bromeou co barqueiro do club tras comprobar que non sufrira ningunha ferida e que a pesar do susto non había mais danos que unha hélice destrozada. Redacción Salnés |



POIO > Unha avioneta do servizo de extinción de incendios caeu ó mar cando efectuaba labores de recollida de auga no Peirao de Raxó, no concello pontevedrés de Poio. O hidroavión batía con estrondo no mar, desfacendo en anacos a hélice e ante a mirada atónita dos bañistas. Pese a todo, non houbo que lamentar danos persoais e o piloto saía polo seu propio pé. 

