| Velo esixe a declaración do Barbanza como zona catastrófica |
|
|
| Mércores, 09 Agosto 2006 | |
|
BOIRO > Unha das persoas máis críticas coa problemática dos incendios na comarca do Barbanza está a ser o segundo tenente-alcalde de Boiro, Manuel Velo, que mesmo fixo un chamamento ás administracións, tanto central como autonómica, para que declarasen á comarca coma zona catastrófica. Velo tamén sinalou que ningún goberno por moi preparado que estea pode facer fronte a unha situación como a que se está vivindo estes días. O segundo tenente-alcalde boirés volveu a incidir nun feito que vén repetindo desde hai tempo, como é a necesidade dun cambio de estratexia na loita contra os incendios. Segundo el, hai que realizar máis políticas de prevención e nos gastar tantos cartos na extinción ds lumes. Unha alternativa axeitada poderían se-las plantas de biomasa. Redacción Barbanza
|




