| Drama en Galicia |
|
|
| Venres, 11 Agosto 2006 | |
|
GALICIA > Galicia sofre a media tarde do venres máis de 130 incendios forestales, dos que só 38 están controlados. Uns dos focos máis virulentos sitúanse en Camariñas (A Coruña), que leva ardendo dous días e mais Oia (Pontevedra), que non da tregua. Por provincias, Pontevedra segue sendo a máis afectada pola crise, con 49 incendios activos e 9 controlados; mentres que A Coruña padece 33 activos e 10 controlados; Ourense 10 de cada tipo e Lugo 4 activos e 9 controlados. O número de incendios en toda Galicia pasou de 131 a 134 desde seguindo datos do venres ás tres da tarde. Preto de 7.000 persoas traballan na súa extinción.
22 detidos en Galicia Os Corpos e Forzas de Seguridade detiveron a 22 persoas dende o día 1 de agosto acusados de delicto de incendio forestal. Segundo informaron fontes policiais, 18 destas detencións foron practicadas pola Garda Civil, 3 por axentes da Policía Autonómica e 1 detención efectuada polo Corpo Nacional de Policía. Entre os detidos atópase un home de 90 anos, un menor de idade e un membro dunha brigada de extinción. Ademais, o membro dunha brigada de extinción da comarca de Bergantiños, detido o pasado mércores, ingresou en prisión tras pasar a disposición xudicial, mentres que un segundo detido tamén o pasado día 9 en Boiro quedou en liberdade con cargos pola súa vinculación con outros lumes, confirmou a Garda Civil. O ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, descartou decretar o estado de alarma en Galicia, como solicitou o líder da oposición, Mariano Rajoy. Insistiu en que moitos dos lumes son de carácter ‘estratéxico’ e ‘planificados con moi mala intención’. Redacción Salnés |





As previsións meteorolóxicas anuncian que choverá a partir do mércores pero, mentras tanto, a situación manterase, con ventos do nordeste moderados, que axudan á propagación das chamas. 
