| Altibaixos no número de incendios que asolan Galicia |
|
|
| Luns, 14 Agosto 2006 | |
|
GALICIA > A vaga de incendios que asola Galicia está a sufrir altibaixos. Cando se pensa que diminúe o número de lumes e a situación se vai comezando a normalizar, vannos sorprendendo novos incendios como o que na tarde do luns se orixinou en Barro. Ás catro da tarde comezaba na zona de Mane e estendíase ata Perdecanai un lume que comezou con tres focos simultáneos.
Á forza dos veciños uníronse os medios de Medio Rural, Bombeiros ou Protección Civil. Un dos principais problemas cos que se atoparon foi coa falta de auga coa que apagar as chamas. E non faltaron tampouco as críticas á política que se está realizando a raíz dos incendios. Redacción Salnés |





A Barro case non lle quedan xa zonas verdes. Perdecanai comezou a arder nun incendio que non que está controlado xa. Leva arrasadas, segundo o alcalde de Barro, unhas 400 hectáreas. Bombeiros de Alcoi (en Alacante) que se despedían xa de Galicia tiveron que enfundarse antes de irse os seus equipos de traballo para volver intervir nun incendio que ameazaba con acabar coas casas dos veciños. 
